Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Acondicionan a estrada que une os lugares de O Vilar e Quintáns

Ames. O Concello de Ames continúa o seu investimento nas infraestruturas e nos viarios do rural, desta volta coa mellora da estrada que une O Vilar e Quintáns, na parroquia da Ameixenda. As obras contan cun orzamento de 125.073,25 euros, que servirán para mellorar a capa de rodaxe duns 810 metros de longo, e a construción de dous treitos de senda peonil á marxe da estrada.

A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de mellora da estrada que une O Mercuto, na Ameixenda, co Lombao, na parroquia de Covas, e que conta con varias fases. A primeira incluía melloras no viario que conecta ás aldeas do Mercuto e O Vilar, cun investimento de 80.978,85 €.

O proxecto é parte do POS+ 2021, que inclúe outras melloras como as obras de pavimentación de interiores e accesos do núcleo de Ventín, na parroquia de Biduído, ou a mellora do acceso a Trasmonte, que tamén foron licitadas a principios deste mes. M. L.

21 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.