Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Acto no Pazo da Peregrina para plantarlle cara á violencia

A Maía. Que o meu machismo non se converta no teu problema é o lema da campaña que organiza a concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ames para conmemorar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller 2022, e que terá a súa efeméride este venres, cun acto institucional na capital. Nesta ocasión búscase poñer o foco sobre os machismos e micromachismos.

Así, e despois da andaina contra as violencias machistas organizada dende o programa SaúdeAndo o pasado día 17, e na que se repartiron camisolas lilas, representábase o 19 a obra teatral SOA, que retrata a vida dunha muller maltratada que convive cun marido tolo e un cuñado enfermo, lidiando ca soidade.

E xa este venres 25 de novembro ás 17.00 h. será cando se celebre, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, un acto institucional de conmemoración. Ofrecerase unha charla informativa sobre violencias machistas e agresións sexuais, que se impartirá dentro do marco de acción da Secretaría Xeral de Igualdade 2022. Ademais, repartirase merchandising e os asistentes poderán desfrutar tamén dunha pequena performance e da actuación que ofrecerán os alumnos da Escola Municipal de Música. M.O.

23 nov 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.