Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudican a reforma do teito, aseos e bar na casa da cultura da capital amesá

Ames. A xunta de goberno de Ames vén de aprobar a adxudicación do proxecto de reparación e mellora da casa da cultura de Bertamiráns, sufragado polo plan POS 2021 da Deputación da Coruña e adxudicado á empresa Citanias Obras y Servicios SLU por 161.856 €. Incluirá a renovación da cuberta, aseos, falsos teitos, alumeado, cafetería, climatización e estores.

Así, o centro sociocultural de Bertamiráns, situado na praza de Chavián, vai contar cunha nova renovación, despois de que a comezos de ano se realizasen obras nos seus interiores, en especial no seu primeiro andar. As actuacións incluirán a substitución das cubertas do inmoble, coa demolición da cheminea en desuso. No lugar das actuais instalaranse unhas cubertas de “panel sándwich”, con remates de chapa de aceiro, e colocaranse novas canalizacións e baixantes de aluminio para favorecer a evacuación das augas pluviais.

Xa nos interiores, o primeiro andar contará cunhas novas unidades de climatización, substituirase o alumeado por un equivalente con tecnoloxía LED, e renovaranse os aseos, de tal xeito que sexan máis accesibles, cunha reforma similar á xa efectuada nos baños da planta baixa. Estes contarán con nova fontanería, pezas sanitarias, accesorios, acabados, alumeado, tabiques e portas.

E na planta baixa renovarán os falsos teitos e haberá cambios na súa cafetería (cun biombo para separar do vestíbulo, renovación da barra e melloras antilume). M. Outeiro

26 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.