Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames celebra mañá o Día da Poesía cun recital

Ames. As bibliotecas municipais de Ames teñen preparada unha ampla programación de actividades para este mes de marzo. Unha parte das propostas están relacionadas coa conmemoración do Día da Poesía, que se celebrou onte. Deste xeito, mañá ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina, realizarase unha sesión de recitais e faladoiro sobre a poesía actual en Galicia. No evento, que estará presentando pola concelleira de Cultura, Natividade González, van participar Diego Horschovsk, dinamizador cultural e organizador do Poetry Slam Compostela e Filosofía a Pé de Rúa; Anna R. Figueiredo, escritora, divulgadora cultural e vicepresidenta da AELG; e Carlos Da Aira, poeta e organizador de Poemagosto, Festival Internacional de Poesía en Allariz. A entrada, informa o Concello, é de balde ata completar un aforo de 30 persoas. A.P.

22 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.