Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ames condeado a pagar un cuarto de millón polo lixo a Serra do Barbanza

Duras críticas do PP por agachar un fallo que xa é firme e non figura no portal da trasparencia

Unha nova sentencia, esta vez en firme, condea ao Concello de Ames a pagar 246.945 euros á Mancomunidade Serra do Barbanza, xestora da recollida do lixo cun contrato vencido dende o ano 2015. Esta nova decisión, que dende o tripartito que lidera o alcalde José Miñones volveron a agachar no caixón –igual que a do IBI–, cuestiona de novo a trasparencia dun goberno en teoría progresista, e afectará as arcas locais, segundo divulga o PP.

Trátase da sentencia firme pola que a Macomunidade Serra do Barbanza veuse obrigada a pagar a súa concesionaria, FCC, S.A., cantidades que derivaban da prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos, tanto pola execución da obra como polos intereses. Para facer fronte a este pago, o ente supramunicipal acordou o prorrateo dos importes, a cuxo pago veuse obrigado, entre os municipios receptores do servizo, aínda que non foran membros e soamente prestadores de servizo como é o caso de Ames o que derivou nunha liquidación por un importe de 246.945,60 euros.

Ante esta situación, o Concello de Ames consideraba que ao non formar parte de Serra do Barbanza de pleno dereito, se non como prestador de servizo, non estaba obrigado a asumir os custos económicos que puidera sufrir a mancomunidade, polo tanto a entidade xestora decidiu recorrer e, a non ser estimadas as pretensións de Ames, optouse pola interposición dun recurso de carácter contencioso administrativo.

Finalmente, o Xulgado Contencioso Administrativo número 4 de A Coruña, mediante sentencia de data 15 de marzo de 2018, inadmite o recurso, polo que o Concello de Ames interpuxo unha apelación contra a sentencia que foi desestimada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia mediante sentencia 04/03/2020. Dende o PP lamentan que non conste no portal da trasparencia o fallo.

10 oct 2020 / 22:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.