Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames é un dos municipios comprometidos coa campaña climática “Aire Limpo”

O propósito é concienciar sobre as consecuencias de non garantir un aire limpo e seguro // A OMS agradece a involucración dos países participantes

Ames. A OMS, xunto co Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente e a Coalición polo Clima e o Aire Limpo, puxeron en marcha a iniciativa “Aire Limpo”.

Esta iniciativa está dentro dunha coalición internacional, liderada por España, Perú e organismos e axencias de Nacións Unidas. Ames é un dos 33 municipios de España involucrados na iniciativa “Aire Limpo”.

Deste xeito, os 41 países e os 71 gobernos rexionais, xunto coas 33 cidades españolas, promoven accións específicas como a implementación de políticas para preservar a calidade do aire e prever o cambio climático, e tamén o desenvolvemento de estratexias referidas ao transporte e as súas emisións contaminantes. Segundo a OMS, cada ano a contaminación do aire causa sete millóns de mortes.

A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, asegurou, no evento de Alto Nivel sobre a Iniciativa Clima e Aire Limpo que: “Cando se ten en conta a saúde, frear o cambio climático é unha oportunidade, no un custe, e aporta un beneficio inmediato e visible”.

A pesar de que a OMS agradeceu o compromiso adquirido na iniciativa, a situación provocada pola covid-19 prexudica aos obxectivos establecidos polo proxecto. A pandemia mundial afectou aos medios de vida, á saúde e o desenvolvemento sostible. Non obstante, a crise sanitaria tamén serviu para concienciar á poboación sobre a importancia de frear o cambio climático e a contaminación do aire.

04 nov 2020 / 19:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.