Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames ensina ós adultos a contar contos

Ames. O Concello de Ames vén de presentar as novas propostas da iniciativa de animación á lectura. Como novidade ofértanse catro dirixidas a adultos. A primeira delas é a impartida por Pedro Brandariz, que se centra en ensinar a contar contos e está prevista para o sábado 17 de outubro na biblioteca do Milladoiro. En concreto trátase dun obradoiro formativo no que a través de dinámicas e exercicios os participantes aprenderán as técnicas básicas da narración oral. Para participar hai que chamar ao 681 530 807 ou enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal. A.P.

05 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito