Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames prende o Nadal coa Árbore dos desexos e anima á recollida de lixo

Para o sábado tamén haberá Dixicontos e un Mercado de troco solidario en Bertamiráns

A Maía. Ames deu o pistoletazo de saída ao seu Nadal coa inauguración, este mércores, da Árbore dos bos desexos. Ademais, tamén empezou a programación festiva nas bibliotecas municipais cos #Dixicontos e obradoiros.

Os próximos actos previstos pasan pola visita do Apalpador ao Pazo da Peregrina (venres ás 17.00 h.) e unha recollida de lixo, Basuraleza: 1m, pola contorna, o sábado ás dez da mañá dende a praza do Concello sempre previa anotación (auladanatureza@concellodeames.gal). E para os adultos que prefiran a lectura, o 12 haberá o obradoiro Os contos a debate. Esta actividade terá lugar na biblioteca de Bertamiráns, ás 11.00 horas con inscrición (a través do email normalizacion@concellodeames.gal).

Tamén o sábado, pero pola tarde, será a quenda de Vero Rilo coa súa sesión de #Dixicontos a través da páxina de Facebook da biblioteca. Narrarase a obra Arrolando as flores, unha selección de historias de vida que teñen como protagonistas a mulleres anónimas. E, por último poderase acudir ao Mercado do troco solidario na casa da cultura de Bertamiráns, entre as 16.00 e as 19.00 horas.

A programación cultural terá continuidade xa o vindeiro xoves día 17 con Caxoto contacontos: Un corazón a flor de pel. Trátase dunha sesión de dirixida á rapazada maior de 4 anos. A actividade realizarase no Pazo da Peregrina ás 18.00 horas, e é preciso inscribirse do 9 ao 16 de decembro . m. manteiga

10 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.