Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames prepara xa o servizo de desbroce dos núcleos rurais

Actuarase nas once parroquias do municipio e os labores abraguen os 107 núcleos da vila // Céntranse nas marxes dos camiños de acceso

O concello amesán está xa a elaborar toda a documentación necesaria para tramitar o expediente de licitación do servizo de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais da vila. O obxectivo é dispor dun específico para realizar traballos de mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais, incluíndo tamén as zonas próximas aos lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas ou canalizacións de pluviais que sexan de titularidade municipal, indican dende o goberno.

A través de dito servizo preténdese facer os labores de desbroce nas marxes dos camiños de acceso aos núcleos de poboación, así como nos seus interiores. A empresa adxudicataria do servizo terá que presentarlle ao Concello de Ames unha planificación da totalidade dos traballos a desenvolver. “Dita planificación será completa e estará libre de incompatibilidades internas e externas”, explican fontes municipais. O goberno local poderá introducir modificacións en dito plan, con relación ao alcance, secuencia e ordenación de operacións que permitan mellorar a calidade dos traballos conseguidos “sempre e cando, non excedan do alcance orzamentario previsto para a execución de dito labor”, aclara o goberno local.

Disporase dun equipo mínimo de tres persoas traballando simultaneamente e as obras desenvolveranse en xornada partida de mañá e tarde, aínda que se poida estudar a posibilidade de realizalas en xornada continua, pero cumprindo o horario de oito horas diarias.

Actuarase nas once parroquias do concello e nun total de 107 núcleos do medio rural. Concretamente en Agrón; na Ameixenda; Ames; Biduído; Bugallido; Covas; Lens; Ortoño; Piñeiro; Tapia e Trasmonte.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “este é un avance máis deste Goberno municipal pola aposta do rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais”, apuntou.

04 oct 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito