Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames repartiu premios ós mellores Galetiktokers

Ames. A casa da cultura do Milladoiro acolleu a primeira edición dos premios do certame Galetiktokers, unha iniciativa que promove a creación de vídeos en galego. A concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, foi a encargada de facer a entrega dos galardóns. Ao acto tamén asistiron as técnicas de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras, e de Mocidade, Pili Villaverde, así como os/as integrantes do xurado: os youtubeiros, o Aquel-e e Ola xonmario, e a presentadora do programa da TVG Dígocho Eu, Esther Estévez. Repartíronse catro premios, dous en cada categoría, de 150 euros cada un deles.

O premio do público, na categoría de 14 a 16 anos, foi para Lúa Ardións coa peza A lingua polo que vale, e o do xurado, para Alba Valladares e Celia Porto polo traballo Tempos de COVID. Na segunda categoría, para mozos e mozas de máis de 17, o galardón do público recaeu en Raúl Liñares por Pasando desapercibido, mentres que o premio do xurado foi outorgado a Iria Curros Espiño co O reencontro dos galegos. A.P.

23 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.