Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames sacou do armario a doenza da endometriose

A MAÍA. Ames envorcouse neste mes de marzo, dedicado a enfermidade da endometriose, na visibilización dunha doenza que afecta ao 10 % das mulleres en idade fértil. E fíxoo mediante iluminación amarela no concello e colocando unha bufanda da mesma cor na estatua da praza da Maía de Bertamiráns, en colaboración coa asociación QuerEndo, Mulleres con Endometriose, con motivo dla efeméride.

No que atinxe a esta iluminación, trátase dun símbolo de solidariedade coas mulleres que padecen a enfermidade e pretende tamén lembrar a necesidade de facer revisións e apoiar a investigación sobre a doenza. A iluminación permanecerá acesa tamén este domingo, para incentivar o seu coñecemento e a investigación.

“Sumámonos á marea amarela facendo visible o noso apoio as máis de 60.000 mulleres que padecen esta enfermidade en Galicia, das cales o 15 % teñen as formas máis severas. Ademais, apoiamos esta causa por esas 9.000 mulleres que padecen unha endometriose incapacitante para moitos aspectos das súas vidas. Hai moito que reivindicar e moito que aprender sobre esta doenza”, aportaba a concelleira de Promoción da Saúde, Luísa Feijóo. Este mal caracterízase por un crecemento de células similares ás do endometrio (a capa que recubre o útero) fóra del, e as lesións que produce adoitan afectar ás trompas e aos ovarios. M. OUTEIRO

28 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.