Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Andaina saudable de Noia a O Son esta fin de semana

A Maía. A concellaría de Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de andainas saudables cunha nova actividade para este sábado, 10 de decembro. Nesta ocasión trátase dunha ruta de once quilómetros que transcorre entre as vilas noiesa e a de Portosín. Os participantes sairán da ponte de Noia en dirección Ribeira, e pasarán por distintos sendeiros ao carón das praias que se atopen ao seu paso ata chegar ao club náutico de Portosín e ao areal de Boa. Para esta actividade dispoñerase dun servizo de autobús, que sairá ás 09.45 horas da casa da cultura do Milladoiro e ás 10.00 horas da praza do Concello de Bertamiráns. Hai dispoñibles setenta prazas, de maneira que as persoas interesadas en percorrer a ruta deben apuntarse cubrindo o formulario que se pode atopar premendo na ligazón da páxina web amesá ou escaneando o código QR do cartaz anexo. O prazo remata este xoves, 8 de decembro, ás 14.00 horas. M. Outeiro

06 dic 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.