Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

do seu coche

Haberá unha reunión para prantexar a reclamación do 10 % ás 28 marcas implicadas

Ames. A Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) vai impartir o mércores 16 de febreiro unha charla informativa dirixida aos afectados polos sobrecustos do coñecido como Cártel dos coches. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 20.00 horas. Alí hai un local de Ucgal e outro na rúa Viorneira, xa na urbe do Milladoiro.

Achegaranlle aos consumidores información dos dereitos que teñen, así como do procedemento a seguir e da documentación que precisan para reclamar os cartos que pagaron a maiores pola compra dun vehículo. Segundo a Ucgal, os afectados poden recuperar ata 3.000 euros.

O denominado Cártel dos coches afecta tanto a persoas, como profesionais e empresas que adquiriron un vehículo entre 2006 e 2013 das marcas Alfa Romeo, Audi, BMW, Chevrolet, Chrysler, Citroen, Dodge, Fiat, Ford, Honda, Hyundai, Jeep, Kia, Lancia, Lexus, Mazda, Mercedes Benz, Mitsubishi, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Volkswagen, Toyota ou Volvo.

A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (ca ratificación do Supremo) sancionou a fabricantes e distribuidores por acordar o intercambio de información comercialmente sensible e estratéxica. A Unión de Consumidores de Galicia anima a todas as persoas que mercaron un coche entre os anos 2006 e 2013 a que reclamen o prexuízo e recuperen un sobrecusto dun 10 % sobre o pagado. O prazo para formalizar as reclamacións vai do mes de abril a decembro. M.M.

10 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.