Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Anotacións para a festa dos maiores ata o día 20

A Maía. Vén de se abrir o prazo para inscribirse na festa dos maiores de Ames, ata o 20 de xuño. Os veciños de 65 anos ou máis empadroados poderán sumarse así a unha celebración que chegará o sábado 2 de xuño, a partir das 14.00 horas, ao pavillón de Bertamiráns.

Para anotarse hai que chamar, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00 horas, aos números de teléfono: 881 074 730, 669 119 431, 673 739 011 ou 662 377 022. Unha vez rematado o prazo de inscrición, abrirase outro para retirar os tiques de acceso á festa, ben na casa da cultura de Bertamiráns ou na do Milladoiro, na Oficina de Voluntariado ou no departamento do gabinete de alcaldía o consistorio.

A festa estará amenizada coa música do dúo Eva e Camilo. Ademais, trala comida farase unha rifa de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Deste xeito, sortearanse varios vales de compras para gastar no comercio amesán. Haberá servizo de autobús de balde que percorrerá as parroquias para recoller ás persoas que así o desexen e achegalas ata o pavillón de Bertamiráns.

Ao final da festa, as persoas que o desexen poderán volver empregar o servizo de autobús para regresar a súa casa. No caso de ir en parella será suficiente con que un dos dous membros da estea empadroado na capital maiá. M. Outeiro

13 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.