Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Anotacións para ioga, taichí e chi kung

Ames. Xa está aberto o prazo de anotación nas clases de ioga terapéutico e de taichí tradicional/chi kung que organiza a concellería de Promoción da Saúde amesá. O período remata o venres 23 de setembro ás 14.00 horas, e formalízase enviando o impreso de inscrición por correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal indicando nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto e a actividade elixida. Estas disciplinas desenvolveranse nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro dende o 3 de outubro ata o 30 de xuño de 2023. E este ano, como novidade, incluíuse na programación da Escola de Saúde as sesións de taichí tradicional e chi kung. O ioga terapéutico, unha das máis requeridas polos veciños, impartirase en espazos interiores: no pavillón do Milladoiro os luns e mércores, de 10.00 a 11.00 horas, mentres que na capital será no Pazo da Peregrina, os martes e xoves de 10.00 a 11.00 h. e os luns e mércores, entre as 18.00 e as 19.00 h. M. Outeiro

17 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.