Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Anotacións para o novo alumnado da Escola de Música amesá, a EMMA

A Maía. O prazo para que o novo alumnado presente as súas solicitudes de praza na Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao vindeiro curso 2022-2023 estará aberto dende este xoves e ata o día 15 de setembro. Poderase formalizar a través da sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais, pedindo cita previa.

Está previsto que as novas altas comecen as clases na semana do 3 de outubro, e as anotacións arrincan despois de que o alumnado que xa estivo matriculado o ano pasado puidera facelo al longo do pasado mes de xuño.

En total hai 32 prazas dispoñibles para este prazo de matrícula na EMMA, repartidas entre as materias de música e movemento (dirixida a rapaces nados no 2016, 2017 e 2018) e de especialidade instrumental ou vocal e linguaxe musical (de 7 anos en diante, cumpridos no 2022).

Deste xeito, para música e movemento quedan 14 prazas: no grupo de nados e nadas no 2018 quedan dez ocos; no grupo do 2017, dúas vacantes, e no do 2016, outras dúas.

No que respecta ás especialidades musicais hai 18 prazas: unha para batería e percusión, catro para guitarra e baixo, outras catro para violín e viola, dúas para canto moderno, tres para saxofón, e catro para frauta traveseira.

As prazas de linguaxe musical serán cubertas principalmente con persoas que cursen especialidade instrumental ou vocal, e se só elixen esa disciplina, poderán entrar se hai vacantes. M. Outeiro

01 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.