Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apego achega ós máis cativos a danza, os arrolos, a música e ata a natureza

O programa educativo busca favorecer a crianza dos rapaces
no idioma galego

Ames. Ames presenta a súa programación infantil con Apego para pasar o tempo dándolle á lingua con música, teatro, contos, arrolos, obradoiros e algunha viaxe. As primeiras actividades celébranse en Bertamiráns. Comezará a programación co obradoiro de cantos de berce Arrolos de salitre, dirixido por Guillerme Fernández e Faia Díaz. Esta sesión terá lugar o vindeiro xoves día 11 de marzo, ás 18.00 horas, no Pazo da Peregrina, dirixida a familias con crianzas de ata dous anos ou que estean a esperar un bebé.

O venres 18 de marzo organízase o obradoiro de xogos musicais e debuxo rítmico, dirixido por Mirari Urruzola, de Babaluva Teatro. Ás 18.00, no Pazo da Peregrina, impartirase esta sesión, dirixida a nenos de 2 a 4 anos, que mestura xogos, música, baile e debuxo para gozar en familia.

Un concerto infantil inaugura as actividades do mes de abril. Pakolas é o encargado do Rockeando con Ramona, un concerto cheo de humor que será o venres 9, ás 18.00 horas, na casa da cultura.

O sábado 17 de abril o programa Apego ten prevista unha excursión a Carballolandia, na Ribeira Sacra. A viaxe comezará ás dez da mañá e a hora da volta está prevista para as oito do serán. m.b.

03 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.