Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apego divulga os xogos de mesa galegos para os cativos

A Maía. O programa Apego de Ames continúa en marzo con Somos Xogo!, un proxecto da asociación Xandobela sobre á creación e a difusión de xogos de mesa en galego.

A actividade achegará algúns dos proxectos presentados ao certame Xoga en Galego e dará pistas para que a rapazada a partir dos 4 anos cree os seus propio. O obradoiro terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o venres 4 de marzo, en dúas sesións ás 17.00 e ás 18.30 horas. A inscrición, de balde, poderá realizarse xa e ata o 3 de marzo, enviando un email (a normalizacion@concellodeames.gal), no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto, idade dos nenos e tamén a sesión escollida.

A iniciativa do vindeiro 4 de marzo busca difundir e revalorizar o xogo como un compoñente importante do patrimonio galego, procurando animar á creación de novos divertimentos de mesa en galego a través de diferentes actividades. M. Manteiga

25 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.