Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Apego proxectará o filme inclusivo ‘Valentina’ o 21

A Maía. O programa Apego achega a Ames a recoñecida película infantil Valentina, un conto musical sobre a inclusión e a diversidade, dirixida por Chelo Loureiro e premiada co Goya 2021 á mellor película de animación. O filme conta a historia dunha rapaza cansa de ter síndrome de Down, convencida de que é o motivo que lle impide acadar o seu soño de ser trapecista, e que fará unha viaxe máxica para descubrir todo do que é capaz. A proxección, orientada ao público familiar, terá lugar o mércores 21 de setembro, ás 18.00 horas, na casa da cultura do Milladoiro. A inscrición, de balde, pode realizarse xa e ata o 20 de setembro, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas. A actividade chega ao abeiro do Fondo Xacobeo 21-22, no marco da iniciativa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. M. Outeiro

13 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.