Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Aproban por unanimidade todos os puntos do pleno

A Maía. A sesión ordinaria do pleno de maio aprobou por unanimidade todos os puntos recollidos na orde do día.

Deste xeito, saíron a diante o proxecto modificado das obras de reforma de vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns (POS+ 2020), o Plan director do Parque arqueolóxico Compostela Rupestre, a modificación da Ordenanza número 5 reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais, a alteración da cualificación xurídica dunha superficie de terreo de 327 metros cadrados no cemiterio parroquial de Biduído, a undécima modificación puntual da Relación de Postos de Traballo, o Plan de medidas antifraude do Concello de Ames e mailo primeiro suplemento de crédito deste ano 2022.

O pleno comezou coa Corporación municipal gardando un minuto de silencio polo último caso de violencia machista dunha muller galega. Clotilde, tiña 83 años, e foi asasinada pola súa parella en Tenerife. M.M.

01 jun 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.