Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Árbores e un miradoiro para o monte de Ventosa

A MAÍA. O Concello de Ames converteu o monte de Ventosa, na parroquia de Covas, no Bosque do Peregrino, onde se plantaron 35 árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, freixos, sobreiras e bidueiros. Deste xeito, dótase ao entorno dunha paisaxe típica de monte galego. Ademais, habilitouse un miradoiro dende o que os peregrinos do Camiño Fisterra-Muxía, así como a veciñanza de Ames, poderán desfrutar das vistas do Val da Maía. Nesta actuación investíronse preto de 20.000 euros. Ao longo de 2021 completarase con novos equipamentos (un parque infantil, mesas, fonte e un panel informativo).

As obras para habilitar este novo espazo, denominado O Bosque do Peregrino, situado no monte de Ventosa, en Covas, realizáronse cun investimento de 19.149,25 euros. Neste lugar habilitouse un novo miradoiro con vistas ao Val da Maía, que se une a outro emblemático miradoiro como é o do Monte de San Marcos. Realizouse unha plantación de 35 árbores autóctonas como carballos, castiñeiros, freixos, sobreiras e bidueiros. Así, dótase ao entorno dunha paisaxe típica de monte galego. As actuacións que se realizaron tamén incluíron un peche perimetral da zona con postes de madeira tratada de 1,5 metros de altura. Ademais, instalouse unha pasarela que conta cuns bancos para o desfrute da paisaxe. m.m.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.