Arzúa lembra que chega o bus de Coidados porta a porta o vindeiro mes
![Autobús de Coidados porta a porta. Foto: Xunta Autobús de Coidados porta a porta. Foto: Xunta](http://www.elcorreogallego.es/binrepository/1422x506/444c0/900d506/none/102922340/EQGA/220329-portaaporta-dcs-2_422-6688520_20230122140447.jpg)
ARZÚA. O Concello de Arzúa lémbralle aos veciños que poderán gozar de novo dunha serie de servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria grazas a unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social. O programa denominado Coidados porta a porta chegará ata a vila os días 3, 6 e 7 de febreiro e as persoas maiores de 55 anos poderán acceder a unha serie de coidados especializados sen desprazarse. A unidade móbil estará situada na explanada do campo da feira e nela realizaranse revisións e valoracións auditivas, atención podolóxica e probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para previr o alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Hai que anotarse nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992. Tamén en coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal. C.E.