Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As actividades das Escolas culturais e deportivas de Ames comezarán o luns 18 de outubro

Os interesados poderán facer a preinscrición do 21 ao 27 de setembro // A listaxe de admitidos publicarase o 1 de outubro na páxina web do Concello

Ames. Xa está pechado o programa das actividades das Escolas deportivas e culturais municipais para o curso 2020-2021, que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Deputación de A Coruña. As clases comezarán o luns 19 de outubro de 2020 e rematarán o 31 de maio de 2021, no caso das Escolas culturais, e o 30 de xuño de 2021 no caso das Escolas deportivas. O Concello de Ames poderá realizar as modificacións horarias que estime oportunas por necesidades de espazo para a programación do Concello.

Nas Escolas deportivas este ano poderase anotar a ballet, judo, natación, ximnasia rítmica, fútbol e fútbol sala ou squash. Tamén se formarán grupos de voleibol, tenis e xadrez. Os máis pequenos, nados entre 2015 e 2017, poderán acudir ás clases de predeporte. Os maiores de 14 anos terán a posibilidade de anotarse en aerozumba, pilates, ioga, aerocombat ou spinning entre outras. As tarifas para as actividades deportivas son de 32 euros para os menores de 18 anos e de 48 para os maiores.

Entre a oferta de Escolas culturais encóntrase 3 artes: plásticas (manualidades, para maiores de 16 anos, e arte miúda, para menores de 13); baile (moderno e en liña, unha clase na que se practicará salsa, bailes de salón e teatro. O Grupo Municipal de Teatro abre o seu prazo de inscrición para os maiores de 18 anos. As escolas culturais teñen un prezo de 40 e 50 euros respectivamente.

Debido á situación sanitaria que estamos a vivir por mor da Covid-19 as actividades deportivas e culturais poden verse condicionadas polos protocolos sanitarios que poidan publicar as autoridades do Estado e da Xunta de Galicia.

TRAMITACIÓN DAS PREINSCRICIÓNS. A inscrición, que se poderá facer do 21 ao 27 de setembro, realizarase telematicamente a través da seguinte plataforma https://ames.i2a.es/CronosWeb/Login. Para poder inscribirse é necesario darse de alta seguindo as indicacións da propia plataforma. No caso dun/dunha menor, primeiro deberá de darse de alta o pai, nai ou titor como titular (tipo de rexistro). Despois darase de alta o/a menor como beneficiario/a (tipo de rexistro). A inscrición xerará un número de rexistro que será o número co que se identifique a persoa inscrita na listaxe xerada polo resultado do sorteo. Non se admitirá ningún tipo de inscrición presencial.

Este ano non se permite a renovación de praza. Todas as persoas que queiran participar nas actividades das Escolas deportivas e culturais terán que facer a preincrición. Nas actividades que haxa máis preinscricións que prazas ofertadas, realizarase un sorteo o 28 de setembro. Non se conceden as prazas por orde de inscrición. A listaxe de admitidos publicarase o 1 de outubro na páxina web do Concello de Ames. Ademais, cada persoa só poderá inscribirse nunha escola deportiva e nunha escola cultural. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade.

Para máis información sobre as actividades deportivas pódense chamar aos números de teléfono 619 842 504 e 981 535 940. Outra opción é envíar un correo electrónico aos enderezos: deportes@concellodeames.gal (Bertamiráns) e deportes.milladoiro@concellodeames.gal (O Milladoiro). Para pórse en contacto co departamento de Cultura, pódese chamar aos números de teléfono ao 981 535 940 ou 662 377 444, ou envíar un correo electrónico ao enderezo: cultura@concellodeames.gal.

MÉTODO DE PAGAMENTO. Unha vez publicada a listaxe de admitidos na páxina web municipal o 1 de outubro, as persoas que, por sorteo, obtiveran praza deben solicitar a folla de autoliquidación entre os días 1 e 9 de outubro. Este trámite poderá realizarse de xeito presencial nas oficinas de Recadación en Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, número 6) ou no Milladoiro (rúa Viorneira, número 6). Tamén estará dispoñible na Oficina Virtual Tributaria do Concello premendo na opción de autoliquidar as miñas taxas:

-Con certificado electrónico:

https://ames.tributoslocales.es/ovt/EXPZ/150022/AAMES/login/1

-Sen certificado electrónico:

https://ames.tributoslocales.es/ovt/EXPZ/150022/AAMES/homenoauth/pag3

Unha vez feita a autoliquidación no prazo estipulado (do 1 ao 9 de outubro), non é preciso entregar o resgardo de pagamento, dado que este chega automaticamente. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

INSCRICIÓN AO LONGO DO CURSO. Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libre. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia

inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

MEDIDAS DE SEGURIDADE FRONTE AO COVID-19. En todo momento cumprirase coa normativa vixente para cumprir as normas hixiénico-sanitarias. Nas actividades deportivas que se necesite o uso de esterilla (pilates, ioga, ximnasia de mantemento....), cada usuario/a deberá levar a súa propia esterilla de uso individual.

Por outro lado, o uso de máscara é obrigatorio en centros deportivos pechados, exceptuando a práctica de actividades que requiran a utilización de pistas específicas, tales como tenis, pádel, squash ou pistas polideportivas, exclusivamente durante a realización das ditas actividades específicas e sempre que a ocupación máxima da pista se axuste ás regras do xogo ou á actividade deportiva e tendo en conta os protocolos aprobados para a dita instalación.

18 sep 2020 / 17:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.