Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As amesás aprenderon autodefensa

A Maía. O pavillón municipal do Milladoiro acolleu a sétima edición do seminario de defensa persoal que a Deputación da Coruña programou ao longo da provincia. E foron preto de 40 as amesás que aprenderon ao longo de catro horas técnicas e estratexias para defenderse ante posibles agresións, recibindo logoun diploma acreditativo da súa participación na actividade.

Ás dez da maña do pasado sábado daba comezo o seminario de defensa persoal, empezando por uns exercicios de quecemento para pasar logo a aprender como situarse, afianzarse, a caer e a erguerse, a manexarse no chan, moverse e desprazarse e tamén manter a distancia.

Unha vez coñecidas estas e outras técnicas de autodefensa, comezaron coa parte estratéxica, onde estableceron un protocolo de actuación que impida bloqueos e facilite a reacción de resposta. Déronlles, ademais, indicacións e consellos sobre como distraer, sorprender, enganar, rexeitar, reaccionar e pedir axuda. Á entrega de diplomas acudiron o rexedor e os edís Víctor Fernández e Susana Señorís (quen, ademais, participou activamente). M.M.

03 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.