Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As plantas cotías e as mediciñais xa non teñen segredos para os amesáns de todas as idades

Ames. A veciñanza amesá achegouse coa Aula da Natureza ás plantas cotiás ou medicinais propias do municipio na pasada fin de semana. Deste xeito, unha exposición con arredor de setenta plantas diferentes, recollidas en Ames nas xornadas previas, ocupou a casa da cultura de Bertamiráns con datos sobre as súas propiedades e usos populares.

Ademais, na mañá de sábado unha ducia de persoas gozaron dunha ruta botánica pola contorna do Pedregal e de Bertamiráns, na que descubriron e recolleron algunhas destas plantas. Por último, o parque do Ameneiral acolleu un taller sensorial para familias con bebés de entre seis meses e dous anos, no que puideron experimentar cos seus sentidos xogando con auga, area, terra, madeira ou algodón.

No que atinxe á mostra, cada especie recollida foi acompañada de cadansúa ficha informativa, citando as súas propiedades, os seus usos populares e algunhas curiosidades. Os exemplares de plantas foron complementados cuns pósteres despregables sobre a historia da relación cas propias plantas cotiás, formas de preparación, infusións, ou mesmo como secalas ou usalas. M.O.

17 may 2022 / 16:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.