Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As propostas de outono inclúen tres días de maxia, danza, contos e música

A Maía. O Concello de Ames vén de presentar as propostas previstas na programación infantil para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2022, que inclúen música, cinema, xogos, tradición oral, contos, maxia ou danza. A primeira actividade é esta mesma semana, o xoves día un no parque do Ameneiral de Bertamiráns, e o venres dous no parque dos Piñeiros do Milladoiro, coas Brincadeiras miúdas de Cé Orquestra Pantasma (ás 18.00 h., de balde e sen inscrición).

Ademais, setembro inclúe outras tres propostas. O día 21 proxectarase no Milladoiro Valentina, premio Goya 2021 á mellor película de animación. O venres 23, A Gramola Gominola levará o seu espectáculo musical O poder da Superlingua a Bertamiráns, mentres que Migallas Teatro pechará o mes no Milladoiro o venres trinta, co obradoiro titulado Orella Pendella.

Xa en outubro haberá cinco actividades máis. A primeira será un obradoiro de arrolos con Mamá Cabra, o xoves 6 en Bertamiráns. O día 7, O Milladoiro acolle o espectáculo de danza Mímesis, de Zig Zag Danza. Na seguinte semana, o xoves 13, Raquel Queizás desenvolverá o conto musical O xogo de Nano, de novo no Milladoiro, para dar paso ao XVII Festival de Maxia de Ames Festimax os días 21, 22 e 23 nas dúas vilas principais. Finalmente, o venres 28 Pakolas estrea en Bertamiráns A Ramona pequena. Estiveron na presentación as concelleiras de Normalización Lingüística e Cultura e unha das técnicas locais. M. M.

31 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.