Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A Fundación repartiu máis de 10.000 manteis co poema ‘Miña casiña meu lar’ // En Rois prantouse unha filla da figueira da casa da poetisa TEXTO S.E./M.M.O/ S.S.

As redes sociais coparon as homenaxes no Día de Rosalía

O Día de Rosalía demostrou un ano máis que é xa unha data consolidada no calendario cultural galego. E, a pesar das restriccións da pandemia, a xornada resoou en todos os recunchos do país e nas redes sociais, desde onde participaron músicos coa Alborada (tamén desde Londres ou a mesma Cristina Pato desde Nova York) e ducias de colexios celebrando o Caldo de Gloria. E a Fundación repartiu máis de 10.000 manteis co poema Miña casiña meu lar en comedores escolares.

En Rois se prantou unha filla da figueira e en Padrón fixose a ofrenda, mentras que no Pino os pequenos da unitaria de Gonzar protagonizaron a homenaxe con videos nos que amosaban versos da poetisa.

Si algo chamou onte a atención e que nas redes sociais o cancelo #DíadeRosalía convertiuse en trending topic en España, sendo unha das mensaxes máis utilizadas en Twitter. E a cociñeira Lucía Freitas (do restaurante A Tafona, con estrela Michelín) publicou a súa proposta no Youtube da Casa de Rosalía

Na Pobra, o alcalde, Lois Piñeiro, presidiu na Praza de Rosalía o acto institucional en homenaxe á escritora, amenizado polo grupo de música tradicional Os Caraveiros e con interpretacións a cargo de Mariló Ríos, ademais dunha ofrenda floral.

Finalmente, en Ames o acto máis curioso protagonizárono os alumnos do IES do Milladoiro, onde conviven rapaces de vintedúas nacionalidades que quixeron render tributo á poetisa da efeméride con vídeos.

25 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.