Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

As rúas encheranse do mellor rock dos 80 co grupo Seguridad Social

Actuarán este venres, día 8 de xullo, dentro do ciclo Los40 Classic Locos por Galicia

Ames. Continúa a música na programación cultural do Concello de Ames para este verán, nesta ocasión cunha viaxe á escena rock española dos 80, da man dunha das súas bandas máis míticas. O grupo levantino Seguridad Social estará este venres 8 de xullo no Milladoiro, no aparcadoiro da travesía do Porto, como parte do ciclo Los40 Classic Locos por Galicia, a partir das 22.00 horas.

O evento, organizado pola emisora, conta co patrocinio do Xacobeo 21-22 e da súa marca Concertos do Xacobeo, ademais da colaboración das concellarías de Cultura e de Turismo de Ames. A cita no Milladoiro, de balde e con entrada libre, será a primeira parada dunha serie de concertos polas catro provincias galegas, coas actuacións de grupos como Danza Invisible, La Guardia, Rafa Sánchez ou de OBK.

A banda Seguridad Social é un dos grupos de maior popularidade do rock español da década dos 80. Ao longo da súa extensa traxectoria a formación creou cancións que xa son parte da cultura pop española, como Chiquilla, Quiero tener tu presencia ou Comerranas. Na actualidade, continúan xirando cos seus clásicos, que combinan con outros temas e versións fieis ao seu estilo. Haberá máis actuacións musicais. c. E.

06 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.