Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

As trece prazas libres na escola de música inclúen viola, violín, canto, frauta ou batería

Pódense solicitar dende este xoves, comezarán en xaneiro e tamén hai dúas dispoñibles en movemento

A Maía. A Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, ofrece ata trece prazas nas disciplinas de música e movemento, batería e percusión, violín e viola, canto moderno e frauta traveseira, ás que os novos alumnos se van a incorporar na semana do 10 de xaneiro. As inscricións para estas vacantes están abertas dende este xoves 2 de decembro, ata cubrir prazas. É requisito indispensable estar empadroado no Concello de Ames e presentar o formulario de inscrición, a través da sede electrónica local ou presencialmente nos rexistros municipais, mellor con cita previa.

As prazas ofertadas neste mes de decembro son unhas trece, repartidas entre as dúas materias que se imparten nas instalacións do Edificio Multiusos de Aldea Nova. Por unha banda, están vacantes dúas prazas para as clases de música e movemento, dirixidas á rapazada dos catro aos sete anos. Neste caso, queda un oco no grupo de nados no 2015 e outro no de 2017. Por outra parte, están dispoñibles ata once prazas nas especialidades instrumentais ou vocais, que cursan rapaces e rapazas a partir dos sete anos. Quedan libres tres prazas en batería e percusión; dúas no grupo de violín e viola; dúas en canto moderno e catro en frauta traveseira.

A adxudicación das prazas realizarase por orde de rexistro de entrada das solicitudes. Para o reparto das vacantes terase en conta a primeira especialidade seleccionada, pasando á lista de agarda no caso de non obter praza, e entrando na lista de reserva da segunda especialidade cando esta se esgote. Dende a propia EMMA poranse en contacto coas persoas que obteñan praza, para así formalizar a matrícula. As clases arrincarán na semana do 10 de xaneiro, e impartiranse no multiusos de Aldea Nova. Máis datos no 981 535 940 ou por email (escolademusica@concellodeames.gal). M.M.

02 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.