Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Asesoría teense de balde sobre temas ambientais

Teo. O Concello de Teo pon este mes en marcha un novo servizo, que consiste nunha asesoría en ecoloxía e sustentabilidade que funcionará os últimos martes de mes de 10.00 a 13.00 horas. E ubícase na aula de informática da Ramallosa.

As funcións principais deste servizo, de balde para a veciñanza, serán asesorar, dar consello e informar sobre as seguintes cuestións: consumo sostible e responsable, medidas para favorecer á biodiversidade, medidas para reducir o impacto no medio natural e os valores naturais da contorna.

Segundo o goberno local, poderanse responder preguntas como “que podo plantar no meu xardín para que teña máis vida? Teño morcegos no faiado, debería preocuparme? Como podo facer o meu propio composteiro? Que restos podo compostar? Que podo facer para reducir a pegada ambiental da miña compra? Que fago para eliminar unha especie invasora? Cales son os hábitats naturais máis interesantes na miña parroquia? Que podo facer para coidalos? Que fago se atopo unha ave ferida? Onde podo ver anfibios preto da miña casa?”, entre outras.

O Concello de Teo mantén outras asesorías de balde como o punto de información eléctrica (martes de 10.00 a 12.00 no salón de plenos) ou o servizo para xestións relacionadas co Catastro, que atende os venres de 09.00 a 14.00 horas no concello. C.G.

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.