Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Atopan a unha persoa sen vida dentro dun vehículo en Ames

Unha persoa foi atopada sen vida por un particular este mércores, ás oito da mañá dentro dun vehículo parado na beiravía en Costoia, no Concello de Ames.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso, a través da chamada dunha persoa que indicaba ver un coche parado, nunha pista do rural amesán, cunha porta aberta e alguén no interior. Tratábase de M.V.V.. de 95 anos, e barállase que sufrira un ataque dentro do automóbil, un audi.

Nese momento, desde o 112 pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Ames, aos Bombeiros de Santiago, ao GES de Brión e a Protección Civil do municipio.

Unha vez xa no lugar, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa. Ademais, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

16 jun 2021 / 09:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.