Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Augas elimina un vertido de residuais ao rego Paramuíño

Ames. A Xunta de Galicia vén de eliminar un punto de vertido de augas residuais que afectaba ao rego Paramuíño, ubicado no concello coruñés de Ames. O persoal do Plan de Control de Vertidos, dependente do organismo Augas de Galicia, localizou este punto tras recibir unha notificación de vertido a través do Servizo de Emerxencias 112, segundo a información facilitada.

Desde administración autonónica explicanque a inspección permitiu constatar a existencia dun atoamento no colector de saneamento municipal que discorre pola marxe esquerda do rego de Paramuíño, ao seu paso polo lugar do mesmo nome, na parroquia de Biduído (Santa María).

Os feitos observados puxéronse en coñecemento do Concello de Ames, para que se adoptasen as medidas oportunas.

Posteriormente, o Concello, a través da empresa concesionaria do servizo municipal, reparou as deficiencias detectadas procedendo a desentullar o colector da rede municipal de saneamento, que orixinaban a achega contaminante ao dominio público.

Indicar finalmente que os técnicos do Plan de Control de Vertidos do organismo Augas de Galicia levaron a cabo unha nova inspección, constatando a emenda do foco contaminante tras a actuación levada a cabo polos técnicos do servizo municipal. arca

28 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito