Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Autocine con comida os días 26 e 27 no Milladoiro

A Maía. A concellaría de Promoción Económica de Ames organiza novas proxeccións de autocine no Milladoiro dentro da programación Un Nadal diferente, para o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro. Proximamente informarase das sesións e dos filmes que se proxectarán dentro de dita iniciativa, a través da que, ademais de fomentar o ocio, tamén se pretende implicar ao sector hostaleiro. Deste xeito, os establecementos que estean interesados poderán servir comida ás 21.15 horas nunha carpa habilitada no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no descanso da última sesión do autocine que comeza ás 20.30 horas. Para adherirse a este iniciativa haberá que enviar un correo electrónico ata o 18 de decembro ao enderezo: promocioneconomica@concellodeames.gal. Outros concellos, como pode ser o de Ordes, tamén sumáronse ao autocine, e programaron sesións no campo da feira o 24, 26 e 27 e os días 2 e 3 xa de xaneiro. m.m.

17 dic 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.