Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Autorizada a posta en valor de 128 leiras na aldea modelo de Ferreiros

A Maía. Despois de que o Consello da Xunta dera o seu visto e prace á declaración de utilidade pública e de interese social das aldeas modelo de Soutogrande, no Concello ourensán de Vilariño de Conso; Cortegazas, no tamén municipio ourensán de Avión; e Ferreiros, en Ames, infórmase de que o obxectivo pasa por axilizar a posta en valor de máis de 57 hectáreas arredor dos núcleos de poboación que se busca dinamizar, con case un milleiro de parcelas implicadas de preto de 200 propietarios. En concreto, a aldea modelo de Soutogrande, en Vilariño de Conso, ten unha superficie de 33,5 hectáreas, distribuídas en 99 predios de 46 titulares catastrais. Canto á de Cortegazas, en Avión, abrangue 15,11 ha repartidas en 727 parcelas de 99 propietarios. Por último, a de Ferreiros, en Ames, conta con 8,55 ha, con 128 parcelas implicadas de 52 titulares. En Galicia hai 21 destes núcleos que permitirán recuperar case 600 hectáreas. M. Outeiro

15 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.