Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Avanza a obra de mellora de acceos en Firmistáns

AMES. O alcalde de Ames, Blas García, cursou este martes unha visita ó lugar de Firmistáns, para ver o estado das obras de mellora dos accesos e camiños interiores executadas nesta aldea da parroquia de Bugallido. As obras están practicamente rematadas e só falta por finalizar a mellora dun camiño interior no que se coloca o empedrado con adoquín e esta semana, se o clima o permite, aplicarase o pavimento de formigón. Nos vindeiros días farase o pintado das marcas viarias nos accesos aglomerados. Este proxecto, sufragado con cargo ao POS+2020, ten un orzamento de 132.967,92 €. A obra foi adxudicada a Construcciones Iglesias Mera. A través do proxecto actuouse nos viarios de acceso a Firmistáns, compostos por cinco treitos de 180 metros, 40 metros, 360 metros, 105 metros e 85 metros con anchos medios de catro metros para os tres primeiros e 5 metros para os dous restantes. Tamén fíxose unha rede de pluviais con 27 sumidoiros. c.a.

09 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.