Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Avanzan as obras para unir Lapido e Maguxe cunha senda peonil que vai ter 1,8 metros de ancho medio

A Maía. O alcalde de Ames comprobou o estado das obras da senda peonil de Lapido a Maguxe no mes saínte, destacando que terá unha anchura media de 1,8 metros e incluirá canalizacións para as augas pluviais. E, do mesmo xeito,celebrou a finalización dos traballos de melloranos viais interiores das Cortes e Ortoñiño, tamén na parroquia de Ortoño. O orzamento para as dúas intervencións é de 354.000 euros.

Respecto do itinerario peonil, conta cun investimento de 201.060,18 euros e foi adxudicado á empresa Mantido SL, como parte do Plan Ames Progresa 2021-2023. Na visita, Blas García estivo acompañado do concelleiro do Rural e Participación Cidadá, Santiago Márquez, ademais de persoal municipal e da empresa redactora do proxecto. As actuacións inclúen a creación de dous treitos de senda peonil de formigón a ambas marxes dun tramo viario de 950 metros, de 950 e 230 metros de lonxitude e dunha anchura media de 1,8 metros. O novo camiño construirase sobre unha capa de vinte centímetros de saburra, previa apertura da sobreanchura necesaria para a súa aplicación.

Baixo esta capa canalizaranse as pluviais, cun total de 47 sumidoiros que favorecerán a drenaxe. Asemade, a construción da senda irá acompañada de tres treitos de muro de pedra granítica, que axudarán a limitar o derrame de terra nos puntos onde as novas vías estean máis elevadas que os terreos lindeiros. Sobre os bordes destes pasos de maior altura disporanse uns 95 metros de varandas metálicas, que terán unha altura duns 124 cm.

O alcalde Blas García destacou “o traballo realizado dende o Concello por mellorar a seguridade peonil no rural e para facer que os nosos núcleos sexan lugares atractivos para vivir. Ademais, avanzamos co Plan Ames Progresa, co que seguimos coas actuacións nas vías e infraestruturas do rural”, remataba. M. Outeiro

05 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.