Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Avanzan os equipamentos para practicar pádel e skate

Ames. O Concello de Ames, a través das concellerías de Obras e Servizos Básicos e de Deportes, está executando novos equipamentos no núcleo do Milladoiro. Deste xeito, na zona norte desta localidade, na parcela que se atopa entre as rúas do Muíño Vello e do Buxo, estase construíndo unha pista de skate e realizouse unha pista de pádel. Estes investimentos están incluídos no Plan Ames Progresa e, ademais, habilitarase un camiño accesible dende a avenida do Muíño Vello para chegar a ditas instalacións. Os novos equipamentos estarán ao carón do novo centro multifuncional do Milladoiro, incluído na EDUSI Impulsa Ames, engadíndose a unha nova área con xogos de aventuras, creada nestes meses na zona verde anexa á casa da cultura e ao IES do Milladoiro. Recentemente o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, e a concelleira de Deportes, Susana Señorís, visitaron as obras que se están executando. M. M.

04 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.