Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bailando a vida activará a mente e corpo das amesás

Ames. A concellería de Benestar Social e Promoción da Saúde amesá, con Luísa Feijóo á fronte, presentou o proxecto artístico-pedagóxico Bailando a vida, un programa integrador para achegar a danza ás mulleres dunha maneira creativa. Deste xeito, preténdese mergullalas na aventura de crear un corpo e mente flexibles, creando confianza, autoestima e mellorando a súa saúde física e emocional. Desenvolverase entre o 8 de febreiro e o 28 de abril, e as mulleres interesadas en participar deben inscribirse ata o vindeiro martes, 7 de febreiro, enviando un correo ao enderezo electrónico bailandoavida@gmail.com no que se indiquen nome, apelidos e un número de teléfono de contacto. As actividades desenvolveranse nos dous núcleos urbanos da capital maiá. No Milladoiro terá lugar os mércores, de 11.30 a 13.00 horas, con prioridade para usuarias do programa local AmesSán, e os venres de 17.00 a 18.30 horas para público en xeral. M.M.

04 feb 2023 / 06:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.