Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Baixan os niveis de ruído e CO2 no Milladoiro

Ames. Dende o pasado 12 de decembro de 2018 os vehículos pesados teñen prohibido circular pola avenida de Rosalía de Castro que cruza a localidade do Milladoiro. Ademais, neste mes de febreiro, cúmprense dous anos da colocación de sinais na AG-56 e no corredor AC-522 que proporcionan información sobre a ruta alternativa de circulación para non atravesar a urbe. O alcalde de Ames, José Miñones, informa de que “trala eliminación do tráfico pesado reduciuse nun 11% a poboación exposta a niveis altos de ruído” polo que “o 15% dos habitantes do Milladoiro quedan expostos a estos niveis, fronte ao 26% anterior”, asegura o rexedor.

Con todo, recalca que o próximo obxectivo é “eliminar o ruído na avenida principal que afecta a ese 15%” executando un “proxecto de humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro”. A.P.

15 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
CO2
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.