Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Bertamiráns exhibe os próximos 15 días as fotos finalistas do Enfoca Ames

AMES. O Pazo da Peregrina exultante nunha noite de tormenta, a maxestuosidade dun chupaleites no monte de San Marcos ou a sonoridade do río Sar atravesando a ponte Carbirta son algunhas das imaxes que conforman a exposición organizada por XEA en colaboración cos departamentos de Medio Ambiente e Turismo do Concello de Ames. O primeiro concurso de fotografía Enfoca Ames tiña como obxectivo achegar á cidadanía aos lugares máis emblemáticos do municipio de Ames. Unha finalidade que agora se culmina coa exposición dos traballos gañadores. A concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, quixo agradecerlle a XEA a iniciativa deste certame de fotografía. “Este tipo de actividades son moi satisfactorias pois permiten que a veciñanza coñeza o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello ao mesmo tempo que permite dinamizar o comercio local”, dixo. Cada unha das tres categorías (paisaxe, macro e artística) está exposta nun local da vila amesá. A categoría de paisaxe está no restaurante Tropic, a de macro na tenda Queens, e a categoría artística no gastrobar Petiscos. A mencionada mostra dos traballos gañadores do Enfoca Ames vai engalanar estes tres locais amesáns durante 15 días. C.G.

22 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.