Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Blindan Milladoiro para a París de Noia este venres

AMES. Ames recuperará a verbena para centos de asistentes este venres, coa actuación da París de Noia e as gañadoras do Canta con Ames ás 21.30 horas no estacionamento do Supercor, no Milladoiro. Por iso, estará prohibido aparcar desde as 08.00 horas do día 3 ata as 08.00 horas do día 4, tanto na explanada como na rúa Agro do Medio, que pecharán ao tráfico ás 15.00 horas (os peóns poderán acceder a pisos e negocios).

Do mesmo xeito, avisan que aquelas persoas que non poidan asistir deberán enviar un email a promocioneconomica@concellodeames.gal. A gala musical estará perimetrada con vallas de tres metros de altura para evitar que se agrupen persoas dende as rúas para ver o espectáculo, haberá rexistro de datos dos asistentes e o acceso único (dende as 20.00 horas) será pola rúa Agro do Medio (na zona de Carglass). Non se poderá comer, só entrar con auga embotellada, nin saír e volver entrar. m. outeiro

02 sep 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.