Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 04 mayo 2021
02:00
h

Boqueixón delegará a legalidade urbanística

BOQUEIXÓN. A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) asumirá as competencias en materia de inspección, sanción e restablecemento da legalidade nos concellos de Boqueixón e tamén de Cenlle. A súa adhesión formalizouse onte coa sinatura de senllos convenios entre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; e os alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández; e Cenlle, José Manuel Rodríguez. Ademais, o rexedor de Piñor, José Luis González, tamén formalizou o acordo. Con esta integración na Axencia Boqueixón delega as súas competencias de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a aquelas obras que se executen sen licenza. “O acordo ofrecerá unha maior seguridade xurídica en todos aqueles expedientes relativos ao solo rústico ou non urbanizable, solo urbanizable ou apto para urbanizar e núcleos rurais”, sinala o rexedor. c.e.

13 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.