Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón fai de novo a festa dos maiores o vindeiro mes

Boqueixón. Despois de dous anos de ausencia polo covid, o Concello de Boqueixón recupera o tradicional Encontro de Maiores, cuxa edición número vintenove terá lugar o próximo 3 de setembro no pavillón polideportivo do Forte. Unha cita coa que o Concello de Boqueixón pretende ofrecer unha xornada de lecer para as persoas maiores do municipio.

O programa de actos comezará ás 12.30 horas cunha misa no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto. A continuación, ás 13.30 horas, comezará o xantar de confraternidade. Ás 15.30 horas terá lugar unha sesión musical e de animación. Haberá agasallos, sorteos e, como en anteriores ocasións, realizarase unha homenaxe ás persoas de maior idade do municipio.

Está previsto que a festa finalice sobre as 18.30 horas.

O goberno local porá a disposición dos participantes a posibilidade de trasladalos en autobús ao pavillón polideportivo previa reserva. Os prezos para participar son de 10 euros (para persoas de 60 ou máis anos) e 25 (para menores de 60 ). As entradas deben recollerse no Departamento de Cultura. C.E.

09 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.