Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón máis Vedra reuniron a 90 persoas no descenso en piragua

Os mozos de ambos municipios participan nun programa que acolle varias iniciativas

Vedra/ Boqueixón. Case noventa persoas participaron esta fin de semana no descenso do Ulla en piragua, unha actividade incluída no programa Correntes do Ulla e que organizan conxuntamente os Concellos de Boqueixón e Vedra. Estes noventa participantes percorreron o tramo do Ulla que separa Ponteledesma e Agronovo, e contaron coa presenza dos alcaldes de ambos os dous municipios: Manuel Fernández Munín (Boqueixón) e Carlos Martínez Carrillo (Vedra). O programa Correntes do Ulla continúa esta semana co campo de voluntariado Unindo roteiros, onde mozos e mozas de Boqueixón e de Vedra de entre 18 e 30 anos crearán un novo sendeiro que unirá a Ruta dos Pescadores, desde a aldea de Donas (Boqueixón), ata o Miradoiro de Gundián (Vedra). Son tres quilómetros de sendeiro que os levarán a enlazar coa ruta de San Xoán da Cova.

O domingo 24 de xullo, dentro do programa Goza do Ulla, ambos os dous concellos propoñen unha ruta de sendeirismo de 10k entre Sucira (ruta dos Pescadores) e Agronovo (ruta de San Xoán da Cova). Finalmente, en colaboración coa Federación Galega de Pesca, Boqueixón e Vedra ofrecerán dúas sesións da Escola de Pesca en Río impartidas por David Arcay. C.E.

13 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.