Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón queda libre da vertedura de fecais localizada no lugar de Pazos

Boqueixón. A Xunta de Galicia vén de eliminar un punto de vertido na parroquia de Lestedo, situada no Concello de Boqueixón. Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, detectaron o foco no transcurso dos labores rutineiros de inspección levados a cabo nese municipio.

En concreto, a achega contaminante localizouse na rede de augas pluviais no lugar de Pazos. Augas de Galicia solicitou aá administración local boqueixanesa a execución das intervencións necesarias para a emenda do vertido. E nunha nova inspección xirada á zona, os técnicos dese ente autónomo verificaron a emenda do vertido, tras executar o Concello as necesarias obras de separación entre as redes de augas pluviais e residuais.

Precisamente, a existencia de aportes conxuntos a través dunha mesma canle causan este problema onde non se individualizan. M.M.

25 sep 2022 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.