Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Boqueixón renova a súa biblioteca

Boqueixón. O Concello de Boqueixón conta xa cunha renovada biblioteca. E é que dende hai uns días están acondicionadas as inslatacións do centro de O Forte, sito na planta baixa da casa consistorial. Agora, os amantes da lectura contan cunha biblioteca máis ampla e cunha mellor accesibilidade aos fondos bibliográficos. Estes distribúense nas zonas de infantil, xuvenil, novela galega, novela castelán, inglés, poesía, teatro e outras especialidades.

Asemade, o centro de lectura vén de adquirir 264 novas publicacións que se suman aos máis de 7.000 fondos bibliográficos que están á disposición da veciñanza. Por outra banda, vén de integrarse na Rede Galega de Bibliotecas de Galicia, o que permitirá aos usuarios un acceso inmediato a GaliciaLe, a plataforma de préstamos de obras en formato electrónico. Está aberta de luns a venres en horario de 09.00 a 13.00 e luns e mércores tamén de tarde (15.30 e 18.00 horas). a. p.

07 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.