Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Brión adianta a compra dun espallador de sal para encarar as xeadas

BRIÓN. O Concello de Brión vén de adquirir un novo espallador de sal para combater as baixas temperaturas que están a causar problemas de circulación polas estradas do municipio, sobre todo coas xeadas a primeira hora da mañá. O alcalde brionés, Pablo Lago Sanmartín, explica que “xa contábamos cun espallador de sal de menor tamaño e tiñamos previsto comprar este novo no borrador dos orzamentos de 2021”. Non obstante debido ás fortes xeadas dos últimos días, e ante a previsión da chegada da borrasca Filomena decidiron “axilizar os trámites e adquirir xa este novo espallador, que é máis grande e moderno co que tiñamos, para que poida entrar en servizo de inmediato”. Esta moderna máquina reforza a que tiñan no departamento de Obras, e desta forma poderán traballar en dúas frontes ao mesmo tempo. Así mesmo, Pablo Lago quixo agradecer a colaboración dos “veciños e veciñas de Brión que cos seus tractores nos axudaron nestes días a espallar sal e a retirar varios vehículos que se botaran fora da estrada por mor das placas de xeo”. Ademais, agradeceron a xenerosidade de varios empresarios da vila “que doaron unha importante cantidade de sacos de sal, nun tempo no que é un artigo difícil de atopar”, dixo. A.P.

10 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.