Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Brión celebra Santa Minia sin cortes y en la carballeira

Brión. As Festas de Santa Minia xa teñen programa, do 24 ao 27 de setembro, pero sen queima de fachada nin curte da avenida principal de Pedrouzos. As actividades lúdicas, culturais e os postos ubicaranse na contorna da carballeira, e daranse cita cinco pulpeiras. Tamén haberá actividades familiares (co Mago Romarís o día 24; Pistacatro o 25 e teatro, 26 e 27), pero neste caso na praza do Concello.

Os concertos adiantan a súa hora de celebración ás 20.00 (salvo o venres, que será ás 20.30 horas) e terán lugar nunha finca próxima á carballeira. Xa está aberto o prazo para reservar entradas (indicando nome, número de teléfono e DNI a través do email brion@gmail.com) para as galas do Grupo América de Vigo (venres 24), Manoele de Felisa (sábado 25), Carapaus e Os D´Abaixo (o 26) e da Banda Municipal de Música de Brión (luns 27)

No canto da citada queima, haberá fogos de artificio simultáneos dende Brión, Bastavales e Viceso, e no que atinxe ao actos relixiosos, a novena terá lugar do 17 ao 25 de setembro, ás 9.00 e 20.00 horas. O sábado 25 haberá tres sesións especiais: 18.00, 19.00 e 20.00 horas. O domingo (véspera), haberá oficios tanto de mañá (9.00, 10.00, 11.00, 12.00 e 13.00 horas) como de tarde (18.00, 19.00 e 20.00 horas). E, precisamente, esta mesma programación vaise repetir o Día de Santa Minia, que é o 27 de setembro, coa eucaristía solemne ás 13.00 horas e unha sesión máis ás 17.00 horas. o.d. vilar

18 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.