Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Camiño da Diversidade dende Trasmonte o día 2

Ames. A Fundación Ingada, a través da concellaría de Benestar Social e en colaboración coa de Turismo, vai realizar a súa andaina solidaria Camiño da Diversidade, que na súa oitava edición pasará polos concellos de Ames e de Santiago. O percorrido comezará ás 9.00 horas do próximo sábado, día 2 de xullo, dende a Igrexa de Santa María de Trasmonte.

Alí as persoas que forman parte da fundación lerán unha serie de poemas e interpretarán o himno galego, ao que se sumará un monólogo que terá lugar antes do comezo da saída. Unha vez iniciada a andaina, que pasa pola Ruta de Fisterra-Muxía en sentido a Santiago, camiñarase ata o restaurante Alto do Vento, onde se fará unha pausa para o xantar e outras actividades de entretemento. Cada persoa participante levará a súa propia comida e bebida, (non están incluídas).

A continuación, o grupo de participantes desprazarase en autobús por quendas á casa da cultura do Milladoiro, onde se continuará á andaina polo Camiño Portugués, pasando pola Rocha Vella ata chegar á praza do Obradoiro, en Santiago. Alí porase fin á xornada solidaria, lendo o Manifesto pola Diversidade.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Luisa Feijóo, animou á veciñanza a participar na andaina, resaltando que “a diversidade é un valor”. “Quero destacar a importancia que ten o labor da Fundación Ingada, tanto no seu traballo diario coas familias, de información e apoio”, como cos nenos. m. manteiga

30 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.