Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Case 50 veciños participan en ‘Ilumina o teu sorriso’

AMES. A sala de xuntanzas da casa do concello acolleu o sorteo dos tres premios incluídos na cuarta edición da campaña de promoción do comercio local Ilumina o teu sorriso. No sorteo participaron as 44 persoas que enviaron como mínimo dúas fotografías realizadas en dous dos lugares seleccionados

polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. As premiadas foron Ana María Cortizo, do Milladoiro, que recibirá un teléfono móbil Samsung Galaxy A13, e Laura Paz, de Cruxeiras (parroquia de Ames), e Tamara Juncal, de Bertamiráns, que lle tocaron cadanseu vale de 100 € para gastar en comercios amesáns adheridos a XEA. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, mostrouse moi satisfeita “pola boa acollida que tivo este ano a campaña”. Unha edición na que, dixo o Concello, se multiplicou a participación. C.E.

21 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.